venres, 6 de xullo de 2018

CODIX

Que é?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuir a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación.

Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varias maneiras de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada polo AMTEGA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario