xoves, 5 de xullo de 2018

RAÍÑAS PARA A HISTORIA

  Era, Xoana, <<A Loca>>, una persoa con serios problemas psicolóxicos, que tiña que estar custodiada durante case cincuenta anos nun palacio-cárcere en Tordesillas? Ou foi simplemente unha treta usada, primeiro polo seu pai e despois o seu fillo Carlos, para apartala do trono?

  María Antonieta, era realmente unha persoa frivola e superficial, comportamentos que aumentaron a axitación social ou foi simplemente unha persoa inxustamente retratada polo pobo?? Foi realmente ela quen dixo a famosa frase: <<Se non ten pan, que coman pasteles>>?

  Dende Cleopatra ata Catalina, <<A Grande>> pasando por María Tudor, podemos coñecer a realidade destas mulleres, que tiveron que loitar contras as inxustizas e desprezos por parte dos nobres e familiares por simplemente seren mulleres. 

Convídovos a ler estas marabillosas historias destas mulleres fortes!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario