domingo, 12 de agosto de 2018

ACERTIJO PRL (Prevención de riesgo laborales)

  En 1942 morreron 400 persoas a causa dun terrible incendio no club The Coconut Grove, EE.UU. Un fallo no deseño do edificio foi a clave da elevada cifra de mortes. Despois cambiouse o regramento para que tódolos edificios públicos eliminaran o "insignificante fallo". ¿Cal era?

1 comentario:

  1. A SOLUCIÓN

    As portas abríanse cara adentro. A desesperación e o amontoamento da xente impidiron que as persoas que estaban preto das portas puideran abrilas. Dende entón, os edificios públicos de EE.UU abrense cara fóra. Hoxe é unha norma de seguridade moi extendida

    ResponderEliminar